PEQUEPINCHO: TAPAS PARA PEQUES!

Porque os cativos/as da casa tamén merecen as súas minitapas, organizamos obradoiros infantís onde, a través da experiencia da compra nun mercado local, poidan coñecer de primeira man todo o proceso de elaboración dunhas deliciosas tapas doces e salgadas.
Os vindeiros días 23 de setembro e 30 de setembro, no Mercado de San Agustín, 4 grupos de ata 15 nenos/as cada un, entre 5 e 9 anos, poderán gozar dun obradoiro de tapas con sabor coruñés.

CANDO?

Sábado 23 de setembro

Grupo 1: De 10.30 a 12 h
Grupo 2: De 12.30 a 14 h

Sábado 30 de setembro

Grupo 1: De 10.30 a 12 h
Grupo 2: De 12.30 a 14 h

CANTO CUSTA?

Actividade GRATUITA, con aforo limitado ata completar prazas

ONDE?

Tapas picadillo

A Cociñeira

A cociñeira, María Teresa Fernández, coruñesa e cociñeira titulada, é diplomada en puericultura e técnica en dietética e nutrición. Educadora en igualdade e especialista en protocolo e decoración na cociña. É, ademais, vicepresidenta da Asociación Creativa de Galicia. Imparte clases de cociña en centros cívicos, Cruz Vermella e outras asociacións da cidade. Colabora con Pablo Portabales en RadioVoz e é autora do libro La cocina divertida de María José Jove