Manuel María Puga e Parga, Picadillo

O tapeo en A Coruña é máis que tradición, forma xa parte da cultura dos coruñeses, ata tal punto que é capaz de repercutir nun carácter colectivo gustoso pola boa e variada gastronomía nun ambiente distendido e animado, ademais de respectuoso cos petos.

Por iso, do 15 de setembro ó 1 de outubro celébrase o Concurso de Tapas Picadillo A Coruña que este ano arranca xa coa súa XIV edición. Innovación e tradición, creatividade e exaltación das materia primas, cítanse en decenas de tapas que rememoran as reunións cos amigos, polas rutas de bares e gastronomía que ofrecen momentos de diversión e desfrute ao padal.

O Concurso de Tapas Picadillo debe o seu nome a D. Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como Picadillo. Alcalde coruñés nos anos 1915 e 1917, ademais de político foi escritor, gastrónomo e considerado pola xente como mellor persoa. A conxunción destas habilidades deu como resultado obras de éxito como A cociña popular galega e algunhas receitas para coresma, Pote aldeano, La cocina práctica, 36 maneras de guisar el bacalao e Vigilia reservada.

Extraordinariamente popular, sobresaía o seu enxeño e sentido do humor que aplicaba, non só á política e á cociña, se non tamén cando se refería a si mesmo: "En 1682 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso", aludindo á súa corpulencia pola que tamén era famoso.

Sempre en defensa da vida popular e reivindicando, en canto podía, o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás cociñas máis elaboradas doutros países, tan de moda na época entre a alta sociedade.

Rendemos así especial homenaxe a tan grande personaxe no Concurso de Tapas Picadillo da Coruña.

Wikipedia